O 25 de novembro, no Centro Cultural de San Andrés (Ramirás), dará comezo o Obradoiro "Iniciación á confección do traxe tradicional". A súa impartición correrá da man da fiandeira Rosa María Iglesias.
Este taller, de carácter gratuíto, está dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos, e contará con 40 prazas.
Para máis información e inscricións contactar co Concello de Ramirás, 988491523 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Organiza: Concello de Ramirás Patrocina: Deputación de Ourense Colabora: Rebulir Asociación Cultural e Xuvenil.