No noso concello temos moi en conta a mocidade prestando servizos de calidade como actividades de lecer, cursos, ofertas de emprego, etc.
A casa da xuventude é un servizo municipal creado para a participación e a reunión da mocidade, para o seu fortalecemento integral e para dar resposta e dinamizar as necesidades informativas, recreativas, lúdicas e participativas dos grupos de idade aos que se dirixe, mellorar a sua calidade de vida e así contribuír a un maior benestar social.