
San Pedro de Mosteiro
Atopamos nesta parroquia unha das xoias patrimoniais do noso Concello, o Mosteiro benedictino de San Pedro, que data do século X.
Destaca a súa igrexa monacal, de estilo predominantemente románico con algúns remates góticos.
Ademáis de Mosteiro, as aldeas que pertencen a esta parroquia son A Costa, O Outeiro, Piñeiro, Santa Marta e O Terrado.