Saúdo da Alcaldía
Como Alcaldesa de Ramirás é unha honra ter o dispor esta xanela para saudar aos veciños e veciñas do noso Concello.
As súas inquedanzas, intereses e o seu benestar son sempre a miña prioridade.
Esta é a nova páxina web do Concello de Ramirás coa que intentamos facilitar unha ferramenta útil de comunicación e de servicio coa nosa veciñanza; nela poñer de forma sinxela os instrumentos necesarios, para poder facer a maioría dos trámites telemáticos co Concello.
Unha páxina que nace con vocación de futuro de trasparencia, accesibilidade ,posta en común do traballo propio e colectivo onde se poña en valor as nosas señas de indentidade.
O Val de Ramirás invita a percorrer todos os recunchos e coñecer os actractivos turísticos , etnográficos,e naturais . Terra fertil regada polos ríos Tuño e Arnoia , arterias dunha terra onde a auga é o vehículo
principal identitario ,surcos labrados de auga e ceo conforman o Escudo de Ramirás.
Facendo camiño atopamos o fermoso mosteiro de século XII , San Pedro, igrexas , capelas, ermidas , petos de ánimas ou cruceiros. Mergullados no interior da paisaxe, os roteiros das capelas-San Paio a San Adrián, a San Xoán, da Canle-Escudeiros, e da Pontenova.
Agradando a vosa presenza, viaxeiros, amigos, recibide a benvida e compartide coa nosa agarimosa veciñanza da que todos somos parte deste fermoso Val de Ramirás.
ISABEL GIL ÁLVAREZ
ALCALDESA DE RAMIRÁS
