.
Servizo APROL-RURAL. Venres, 03 Maio 2019 03.05.2019 Relación de admitidos ao programa de contratación para o servizo...
Convocatoria de emprego: Operario de servizos varios Luns, 29 Abril 2019 02.04.2019 - Anuncio da convocatoria   05.04.2019 - Publica...
Convocatoria de emprego: Chófer de tractor, Operario de servizos varios e Peón de Fontanería Luns, 29 Abril 2019 Prazo de inscrición na convocatoria: Do 15 ao 21 de febreiro de 2019 &nb...

Convocatoria de emprego: Chófer de tractor, Operario de servizos varios e Peón de Fontanería

Luns, 29 Abril 2019 00:00

Convocatoria de emprego: Operario de servizos varios

Luns, 29 Abril 2019 00:00

Premio "Rodolfo Prada" para o Festival Internacional Rebulir (FIR)

Martes, 02 Abril 2019 00:00

Outorgado pola Deputación de Ourense, o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, recompensa as iniciativas baseadas na cultura galega.

Acabamos de coñecer que o  colectivo premiado na edición do certame "Rodolfo Prada"  deste ano, é o Festival Internacional Rebulir (FIR), unha noticia que nos enche de satisfacción.

Dende o Concello de Ramirás, queremos transmitirlle os nosos parabéns á Asociación Rebulir, pola grande labor de dinamización cultural que veñen facendo e pola organización deste recentemente premiado Festival, que xa vai pola súa XIII edición.

O noso agradecemento, aos traballadores do concello, que ano tras ano poñen todo o seu interese no bo desenrolo das actividades.

Moitas grazas aos patrocinadores, voluntarios e en xeral, a todos os colaboradores que dun xeito ou outro participan en que o FIR, sexa un evento de referencia non só en Galicia, senón, en todo o territorio nacional

 

Ler noticia publicada na web da Deputación de Ourense

 

 

 

 

Taller de RISAPLUS

Venres, 01 Marzo 2019 14:28

Queres divertirte? Queres pasalo ben? 

Acude cada mércores do mes de marzo, ao taller de RISAPLUS, que terá lugar no Centro Social O Picouto.

Mellora de infraestruturas en A Corredoira

Mércores, 13 Febreiro 2019 10:53

Estanse a levar a cabo traballos de acondicionamento do camiño e acceso ao pobo de A Corredoira, así coma nunha das súas prazas. 

Este proxecto englóbase dentro do Plan Marco, da Xunta de Galicia, que, entre outros obxectivos,  fai fincapé na mellora dos accesos aos núcleos rurais, así como na  rehabilitación dos mesmos, para facilitar o asentamento poboacional e gañar en calidade de vida dos seus veciños.

Estas actuacións están subvencionadas pola Consellería de Medio Rural e a Deputación de Ourense.

          

 

 

Redes ultrarrápidas de acceso a internet

Martes, 22 Xaneiro 2019 21:56

A Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), está a despregar redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Nesta primeira fase beneficiaranse os núcleos de VILAVIDAL e O VISO.

 

Adicionalmente, en novembro de 2018, o Estado concedeu novas subvencións que permitirán proximamente, servizos de acceso ultrarrápido a internet na localidade de O PICOUTO.

 

Lembramos tamén que o DOG publicou o 9 de novembro de 2018 a convocatoria de subvencións para a dotación de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas de zonas do rural galego, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ata o 31 de xaneiro de 2019. O principal requisito dos solicitantes é o de non dispoñer actualmente de cobertura de máis de 30Mbps ni previsión da mesma. Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0177-311018-0002_gl.html

Obradoiro de autodefensa para mulleres

Martes, 08 Xaneiro 2019 16:37

Mediante este obradoiro, pretendese xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións, , proporcionándolle as habilidades e coñecementos dos mecanismos de defensa tanto físicos como psíquicos fronte a un posible agresor, de xeito que a través das técnicas aprendidas, poidan saír ilesas dunha situación  de violencia , dando unha resposta contundente e decidida.

decidida 

 

Os Reis Magos visitaron Ramirás

Sábado, 05 Xaneiro 2019 23:43

Os Reis Magos estiveron visitando hoxe o noso concello de Ramirás.

Ás 16:30 h., estiveron no xeriátrico, onde deixaron agasaios para os nosos maiores.

ás 17:30 h., chegaron ao Centro Xuvenil e social do Picouto. Alí estaban os cativos de todo o concello esperándoos con moita ilusión. Como foron moi bos durante todo o ano, todos os nenos e nenas recibiron cada un seu regalo.

 

(Preme na imaxe para acceder ao álbum)

 

Reconstrución da fonte de Almariz

Martes, 01 Xaneiro 2019 18:59

A fonte de Almariz está sendo reconstruída despois da caída dunha árbore que a destruíu.

Nesta intervención, preparouse tamén, un tanque de auga de 24.000 lts., para proporcionar auga de regadía e para dar servizo aos equipos de extinción de incendios se fixera falta.

          

Ampliación do saneamento en Vilaflor

Xoves, 27 Decembro 2018 20:26

A localidade de Vilaflor, acaba de ver ampliada a súa rede de saneamento, para dar servizo ás vivendas que, ata o momento, non dispoñían dela.

Estas obras, cuxo orzamento ascendeu a 9.600 €, contaron coa colaboración da maquinaria do parque móbil da Deputación de Ourense.

 

 

 
 

Recibido un vehículo para o transporte municipal

Venres, 21 Decembro 2018 17:00

No día de hoxe, recepcionamos un vehículo de nove prazas cuxo destino é o transporte municipal de viaxeiros do noso Concello de Ramirás.

O seu custe, 25.000 €, foi cuberto cunha subvención da Deputación de Ourense.

Con este vehículo, trataremos de cubrir todas as carencias que temos na actualidade, no que se refire ao transporte de veciños das nosas localidades.

En próximas datas informaremos das rutas e horarios a establecer.

            

A fonte de Vilagarcía, luce de novo

Mércores, 19 Decembro 2018 12:20

A fonte de Vilagarcía, situada a carón da estrada OU-531, lugar de parada de moitos vehículos, atopábase moi deteriorada.

Con fondos propios deste Concello (8.000 €) procedeuse ao seu arranxo habilitando tamén un tanque de auga de 25.000 litros,que permitirá a carga de auga ao servizo de bombeiros e camións nodriza en caso de incendios, e para uso de regadío dos veciños.

 

 

            

Remozando os camiños de Paizás

Sábado, 15 Decembro 2018 19:23

Estase a traballar na mellora dos camiños de Paizás, aplicando unha capa de hormigón, que mellorará a estética e a accesibilidade de este pobo.

O orzamento que ascende a 10.000 euros, está cuberto por fondos propios do concello.

Estas obras, poden causar algunhas molestias aos veciños. Procuraremos que sexan as menores posibles e agradecemos toda a colaboración que estamos recibindo da súa parte. 

 

               

Cantos de Reis

Xoves, 13 Decembro 2018 19:03

Programa do día 5 de xaneiro, CANTOS DE REIS, coa colaboración da Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR.

Campamento de Nadal

Xoves, 13 Decembro 2018 18:28

Dirixido a nenos e nenas, de 3 a 12 anos, empadroados no Concello de Ramirás.

Beirarrúas na Rúa dos Amedos

Xoves, 13 Decembro 2018 17:37

Dentro das accións do Plan Provincial da Deputación de Ourense, estase desenvolvendo o acondicionamento e beirarrúas, nun novo tramo da Rúa dos Amedos, o que facilitará a seguridade e mobilidade dos veciños da contorna.

 

O orzamento ascende a 48.000 euros e ten un prazo de execución de 3 meses.

  

 

   

 

29 de decembro-Concerto de Nadal

Mércores, 12 Decembro 2018 20:44
O 29 de decembro, ás 18:00 hs, a Coral Solpor, ofrecerá un concerto no Centro Cultural e Social do Picouto.

Entrada libre e gratuíta.

 

 

FESTIVAL REBULIR 2018 - Do 20 ao 23 de decembro

Mércores, 05 Decembro 2018 14:31

Celebración da patroa dos músicos

Domingo, 02 Decembro 2018 21:27

Con motivo da celebración do día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, a banda municipal amenizou a xornada cun marabilloso concerto do que gozaron todos os asistentes. 

Tralo concerto, os compoñentes da banda, compartiron viandas, o que non pode faltar nun encontro festivo.

Este acto, uníuse á celebración de San Andrés, patrón da parroquia de Vilavidal.

Agradecementos a todos os que participaron nestes eventos, que fixeron deste domingo un día especial.

Parabéns!!.

     

 

Mellora do acceso ao pobo de Vilanova

Venres, 30 Novembro 2018 10:17

Durante estes días, estase procedendo ao asfaltado do firme no acceso ao pobo de Vilanova, o que mellorará sustancialmente a comunicación por estrada a esta localidade

O orzamento de 20.000 €, cúbrese integramente, con fondos propios do concello.

Está previsto rematar as obras en dous ou tres días, polo que pedimos desculpas aos veciños polas molestias ocasionadas e agradecemos moito a súa colaboración.

 

      

 

     

 

Novo saneamento no núcleo de Pereiras-Paizás

Sábado, 24 Novembro 2018 19:05

Este Concello de Ramirás destinou 15.000 € dos seus fondos propios,  para acometer as obras de saneamento no núcleo de Pereiras-Paizás, con conexión ao pobo de San Cristobo. 

Esta intervención que rematará nus días, súmase a outras xa desenvolvidas, que permiten mellorar a rede de sumidoiros das nosas poboacións co conseguinte proveito para os nosos veciños.

   

      

Obras de saneamento en Santa Rosa - Mosteiro

Domingo, 18 Novembro 2018 20:56

Rematada  a obra de ampliación da rede de sumidoiros, na localidade de Santa Rosa - Mosteiro, dando servizo de saneamento aos veciños da zona máis baixa do pobo.

Esta actuación, financiada con fondos propios do Concello de Ramirás, supuxo un investimento de 15.000 €.

 

     

     

Xornada de lance e montaxe en Ramirás

Mércores, 14 Novembro 2018 11:51
  • (Noticia do 14.11.2018) Os amantes da pesca, gozarán o próximo 17 de novembro, da III Xornada de lance e montaxe. Como cada ano, contaremos coa presenza de expertos en distintas técnicas de pesca e aficionados cos que compartir unha xornada de deporte e natureza. O punto de encontro será no Centro Social do Picouto, en Ramirás. 
  • (Noticia do 17.11.2018) Os amantes da pesca, gozaron hoxe dunha gran xornada adicada á arte da mosca e a técnicas de lance.
    Recoñecidos expertos como Manuel López Rodríguez (Malorro), Joao L Quintas, Ricardo Bergaz Lozolla, Rafael De la Iglesia, Paco Porto, José Antonio Vinuesa, Manuel Iglesias, Roberto Caldeiro... impartiron talleres temáticos  e demostracións de verdadeira artesanía, observados por máis de dous centos visitantes que chegaron das catro provincias galegas, ademais de terras de Castela-León, País Vasco, Asturias, Madrid.... 

    Dende o Concello de Ramirás, queremos agradecer a todos os  relatores, aficionados e visitantes, a súa presenza que permite afianzar esta xornada coma unha cita destacada no calendario  da arte da pesca. 

    (Preme na imaxe para ver máis fotos)

 

 

 

 

Xornadas de CACHIBOL e RISAPLÜS

Mércores, 17 Outubro 2018 11:45

No mes de novembro, na Centro Social do Picouto, teremos xornadas de CACHIBOL e RISAPLÜS, nas que o divertimento está asegurado. 

Inscricións e máis información na Casa do Concello ou no tfno.: 988 49 15 23.

 

Mellora na estrada cara a Cartelle

Venres, 12 Outubro 2018 10:52

Varias son as obras que se están levando a cabo na estrada que une o noso concello co concello limítrofe de Cartelle.

Na zona de a Pontenova, estase acometendo a ampliación da vía, o que nestes días pode causar interrupcións puntuais na circulación de vehículos, polo que pregramos desculpen as molestias que se poidan ocasionar.

No pobo de Vilavidal, continuamos coa mellora do cruce da súa viaria, obra que axuda a facer máis atractivo e accesible a este pobo a piques de celebrar o seu centenario.

 

Pincha na imaxe para ver máis fotos destas actuacións.

 

100 anos de Vilavidal

Luns, 01 Outubro 2018 08:31

Co motivo do cumprimento dos  100 anos de Vilavidal, presentámosvos o vídeo creado polos organizadores do evento. Un pequeno percorrido polo seu territorio que nos anima a celebrar esta efeméride todos xuntos, os días 26, 27 e 28 de outubro. 

 

 

 

Nova rotonda en Vilavidal

Venres, 28 Setembro 2018 21:39

No Concello de Ramirás seguen os traballos de mellora das nosas estradas. Nesta ocasión é no pobo de Vilavidal onde se está a construír una rotonda que mellore a circulación e incremente a seguridade do tráfico viario.

Mentres as obras perduren, solicitamos extremen a precaución  e pregamos desculpas polas molestias que poidan ocasionar.

    

Loita contra a avespiña do castiñeiro

Luns, 24 Setembro 2018 18:37

A Consellería de Medio Rural está realizando accións de control da praga da avespiña do castiñeiro, mediante loita biolóxica co parasitoide Torymus Sinenses.

No caso do noso concello, fixéronse soltas deste parasitoide, nas seguintes localidades:

- Casardeita 

- Freás de Eiras 

- Mosteiro

- Paizás

- Penosiños

- Rubiás

- Santo André de Penosiós

- Vilameá de Ramirás

 

As medidas que se deben tomar para axudar aos propietarios e produtores de castaña son:

- Non utilizar insecticidas para a erradicación da avespiña do castiñeiro

- Eliminar unicamente as bugallas verdes e só en plantacións novas

- Non eliminar nunca as bugallas secas

- Recoméndase regar durante o verán para prolongar o periodo de crecemento dos gromos novos 

- Durante o inverno, pódese podar, pero non queimar os residuos. Aínda que é máis recomendable a poda na primavera e no verán. 

- Recoméndase abonar para incrementar o vigor das árbores

 

 

O 27 de setembro, EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Luns, 24 Setembro 2018 17:47

28.09.2018 - Imaxes da visita ao Parlamento Galego o día 27 de setembro

 

 

 

 

 

O próximo 27 de setembro, faremos unha excursión a Santiago de Compostela, visitando ademais Ponte Maceira e Negreira.

 

 

Itinerario:

  • 8:30 hs.  Recollida do grupo
  • Parada no camiño para almorzar
  • 10:30 hs.Visita guiada en Santiago de Compostela
  • 13:30 hs. Recepción no Parlamento Galego
  • 14:30 hs. Comida en restaurante
  • 16:00 hs. Visita guiada en Ponte Maceira e Negreira
  • 21:30 hs. Chegada ao punto de saída.


    Interesados anotarse nas oficinas municipais do Concello de Ramirás ou por teléfono, no  988 49 15 23.
    Data límite de inscrición, mércores día 26. 

Convocatoria e bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para adquisición de libros e material escolar, para o curso 2018-2019

Xoves, 13 Setembro 2018 16:35

Subvencións a familias do alumnado de centros docentes públicos de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, para o curso 2018-2019

 

 

 

 

Mellora do acceso a Xocín

Venres, 24 Agosto 2018 19:46

Leváronse a cabo obras de acondicionamento e recollida das augas pluviais no camiño de acceso a Xocín.

 

         

Pavimentado o camiño de Escudeiros

Venres, 24 Agosto 2018 19:36

 

Así quedou, unha vez pavimentado, o camiño no núcleo de Escudeiros.

    

Novo estanque de auga no pobo do Tellado

Venres, 24 Agosto 2018 10:58

O Concello de Ramirás construíu, no pobo do Tellado,  un estanque de agua, de 70 m3, con cámara de carga, para fornecer aos bombeiros e regadío para os veciños.

 

 

 

Recomendacións preventivas de actuación ante a vespa asiática

Venres, 24 Agosto 2018 06:39

Cada vez é máis habitual a presenza da vespa asiática (velutina) nos nosos montes, polo que debes telo en conta na planificación dos teus traballos forestais.

Segue estas recomendacións preventivas de actuación se atopas un niño de velutina.

 

 

Loita biolóxica contra a avespa do castiñeiro

Luns, 16 Xullo 2018 17:36
 
  • Información da Consellería de Medio Rural para combatir, a avespa do castiñeiro, dun xeito biolóxico.

 

 

Ver / descargar díptico

 

 

A banda larga de internet chegará a Vilavidal e ao Viso

Domingo, 01 Xullo 2018 20:37

A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga, e a Administración Xeral do Estado, co programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a internet no territorio galego.

Dentro destes plans, entre o 2018 e o 2020, a empresa Telefónica achegará redes ultrarrápidas a toda Galicia.

No caso do noso concello están previstas diferentes actuacións no núcleos de VILAVIDAL e O VISO, que posibilitarán o servizo de acceso á internet a máis de 100Mbps simétricos mediante fibra óptica.

 

 

Celebrando a Santa Isabel no Grixo

Domingo, 01 Xullo 2018 17:00

A parroquia do Grixo celebrou o día Santa isabel cunha comida parroquial na que participaron moitos veciños e achegados.

Parabéns a todos eles e noraboa!

 

  

Seminario de ELABORACIÓN DE CONSERVAS

Luns, 25 Xuño 2018 11:30

Os bolechas en Ramirás

Luns, 25 Xuño 2018 11:18

O domingo, 1 de xullo, ás 18:00 hs., no Centro Cultural do Picouto, recibiremos a visita dos BOLECHAS!!

Esperámosvos a todos/as!!!!

 

 

 

Campamentos de verán para nenos/as de 3 a 12 anos

Martes, 19 Xuño 2018 12:37

Novas beirarrúas no tramo Vilavidal-O Viso

Luns, 18 Xuño 2018 21:40

Nestes días, estanse a facer os traballos de construción das beirarrúas no tramo de Vilavidal-O Viso. Unha actuación moi esperada polos veciños que se plantexa dentro dos Plans Provinciais da Deputación de Ourense.

 

Continuamos na senda de procurar actuacións que transformen os nosos pobos para maior comodidade dos nosos habitantes.

 

 

Romería Rebuldeira

Luns, 18 Xuño 2018 12:01

O sábado 30 de xuño, con motivo do peche de curso, celébrase a Romería Rebuldeira, na área recreativa da Pontenova. Achegamos o programa.

 

Próxima remodelación da praza da Corredoira

Martes, 12 Xuño 2018 19:20

Hoxe, asinamos un convenio, coa Deputación de Ourense, por importe de 48.000 €,  que permitirá o arranxo da praza da Corredoira. 

Agradecemos á Deputación o seu compromiso co rural.

Dende o Concello, seguimos a traballar para avanzar no desenrolo de proxectos que melloren os nosos pobos e a calidade de vida dos nosos veciños.

Solta de Torymus Sinensis

Venres, 01 Xuño 2018 17:35

Informamos que o Concello de Ramirás, está dentro do mapa da Xunta para a solta de Torymus Sinensis, que é o inimigo natural da avespiña do castaño. Xa se produciron dúas soltas. Iranse levando máis a cabo segundo as necesidades.

Información para a prevención de incendios forestais

Martes, 29 Maio 2018 14:43
 
Segundo consta na Lei 3/2007 de 9 de Abril de 2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, reformada pola Lei 9/2017 de Medidas fiscais e Administrativas de Galicia, E OBRIGA AOS SEUS TITULARES A:
 
Limpar de biomasa unha franxa de 50 metros desde o límite do solo urbano, do núcleo rural e do solo urbanizable, desde a parte exterior das edificacións e das vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, así como construcións illadas en solo rústico, consonte o previsto nos criterios para a limpeza definidos nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Nesta franxa tampouco poderá haber piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo.
 
Dentro da franxa de 50 metros descrita no punto anterior, manter limpa unha franxa de 15 metros para especies frondosas caducifolias (ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixa, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo).
 
Enténdese como titulares as persoas propietarias, arrendatarias, usufrutuarias ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal sobre os terreos forestais e os terreos situados nas zonas de influencia forestal.
 
Advírtese que non manter os terreos limpos, será obxecto de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo de sanción por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
 
Dende a Alcaldía solicítase dos veciños do Municipio, a  máxima colaboración para evitar riscos de incendios nas distintas poboacións do Concello.
 
Prégase aos veciños que limpen de maleza  as súas fincas, en especial aquelas que rodean ou están situadas nos distintos pobos e que presentan perigo, así como os frontes das súas propiedades  ao redor dos núcleos de poboación (camiños, airas, etc).
 
É labor de todos, defender o noso patrimonio forestal e as nosas propiedades; así pois, solicítase a máxima colaboración cidadán.
 
 

Plan de mellora de camiños municipais

Domingo, 27 Maio 2018 18:19

Están en pleno proceso de execución, as obras de mellora dos camiños municipais. Neste caso a intervención é no acceso a Pazos-Rial e a Margarideiros.

 

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Luns, 21 Maio 2018 09:52
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
 
Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
 
Acceso ao procedemento ED330B na sede electrónica da Xunta de Galicia
 

 

 
 

Terra de Celanova e a Baixa Limia unidos para crear un novo xeodestino

Mércores, 16 Maio 2018 11:32

 

Os alcaldes e alcaldesas de Terra de Celanova e os da Baixa Limia, formalizaron onte un acordo para a creación dun novo xeodestino, co propósito de xestionar en común e dar visibilidade aos recursos turísticos e gastronómicos dos municipios participantes.

Por parte de Terra de Celanova os concellos adheridos son A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Ramirás y Verea; en canto á Baixa Limia, participarán os cinco concellos que compoñen esta comarca: Lobios, Lobeira, Muiños, Entrimo e Bande.

Ademais das aportacións económicas dos municipios en base ao seu tamaño, o proxecto, contará coa  participación  do Inorde e da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia. 

 

  

 

Programa "INICIATIVA XOVE"

Mércores, 16 Maio 2018 10:31

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Xunta de Galicia, convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís.

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de xuño de 2018.
 

Xornada informativa sobre a Vespa Velutina

Martes, 08 Maio 2018 15:10

O próximo luns, 21 de maio, ás 19:00 hs, no Centro Social e Xuvenil do Picouto (Ramirás).

Entrada libre.

Os 100 anos de Vilavidal no programa "Vivan as tardes"

Martes, 08 Maio 2018 12:04

Hoxe martes, 8 de maio, o programa da TVG,  "Vivan as tardes", recibe á Asociación dos 100 anos de Vilavidal.

Farán un percorrido pola traxectoria desta localidade do noso concello, que cumpre un século dende o asentamento da familia Vidal, a primeira en chegar ao pobo que tomaría o seu nome.

No caso de que non poidades ver en directo o programa, poderedes facelo posteriormente, nesta ligazón  http://www.crtvg.es/tvg/programas/vivan-as-tardes-1

 

Novo contedor de roupa e calzado

Luns, 07 Maio 2018 21:10
Na localidade de  Vilavidal, á beira da farmacia, instalouse un contedor de roupa, artigos de téxtil e calzado.
 
Un novo servizo que permitirá que entre todos colaboremos, un pouco máis,  no coidado do medio ambiente. 

Virxe de Guadalupe do Abeledo

Sábado, 05 Maio 2018 21:19

A parroquia de Casardeita celebra esta fin de semana a romaría da Virxe de Guadalupe, xuntando un ano máis, a veciños e visitantes.

Compartimos unhas imaxes da celebración da procesión e a misa, e a posterior comida parroquial.

Actividades culturais e deportivas no Concello de Ramirás

Venres, 04 Maio 2018 14:31

 

O Concello de Ramirás, dentro do seu programa de actividades culturais e deportivas, organiza  as seguintes actividades:
 

  •  Clases de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, nas que se imparten, gaita tradicional, percusión e baile galego. Destinado aos veciños/as de Ramirás.

Anxeles Vázquez, Conselleira de Medio Rural, visitou Ramirás

Venres, 04 Maio 2018 07:50

A Conselleira de Medio Rural, Anxeles Vázquez, estivo o pasado mércores no noso concello, interesándose polo noso rural e coñecendo de primeira man, os proxectos promovidos pola Axencia de Desenvolvemento Rural (ADERCOU) dentro  do programa Leader.

Dende o concello queremos agradecerlle o seu interese e a súa visita.

Campamentos de verán 2018 da Xunta de Galicia

Xoves, 26 Abril 2018 11:31
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abre a convocatoria para participar nos campamentos de verán e nos campos de traballo para o verán do  2018.
     
  • Máis información e solicitudes en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Terra de Celanova primeiro clasificado na Edición 2017 dos Premios Coopera

Domingo, 15 Abril 2018 11:59

A Mancomunidade Terra de Celanova recibíu onte o primeiro premio da sexta edición dos Premios Coopera Galicia da Xunta de Galicia, dotado con 40.000 €.

O proxecto premiado, no que o Concello de Ramirás é membro e colaborador no seu desenvolvemento, pon o seu foco en fomentar a igualdade e erradicar a violencia de xénero, con actividades de diversa índole, como son a implantación de aulas de conciliación, apoio nas tarefas do fogar, aulas formativas para mulleres, entre outras.

Asinado o convenio que permitirá a renovación da iluminación exterior

Domingo, 15 Abril 2018 11:17

Onte, os concellos de Terra de Celanova e da Baixa Limia, asinamos un convenio coa Deputación de Ourense, que permitirá a renovación da instalación de iluminación exterior. O orzamento por cada un dos municipios, ascende a 65.000 €, cofinanciados polo FEDER (80%), pola Deputación de Ourense (15%) e por cada concello (5%)

Este proxecto, forma parte do Programa operativo FEDER de crecemento sostible para o período 2014-2020, que pon o seu foco en axudar a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

 

Curso de excarcelación e primeiros auxilios para as brigadas forestais

Luns, 09 Abril 2018 22:34

Durante os  días 9 e 10 de abril, impártese, nas instalacións da antiga escola de Freás de Eiras,  un curso de excarcelación e primeiros auxilios que ten como destinatarios, as brigadas forestais da Xunta de Galicia.

As xornadas formativas corren a cargo do grupo de bombeiros das Terras de Celanova.

O Concello de Ramirás participa moi activamente nesta e noutras actividades, en colaboración coas institucións e  administracións públicas, en materia de prevención e loita contra o  lume.

Taller de RISOTERAPIA

Venres, 06 Abril 2018 14:31

A RISOTERAPIA é unha técnica psicoterapéutica tendente a producir beneficios mentais e emocionais a través da risa, axudando á eliminación do estrés, tensións e ansiedade.

 

No Concello de Ramirás, en colaboración coa Deputación de Ourense,  impartirase un taller a partir do mes de maio, no Centro Social do Picouto, os mércores, de 16:30 a 18:00 hs., para todos os veciños que desexen participar.  

Festa para conmemorar o centenario da primeira casa de Vilavidal

Martes, 03 Abril 2018 16:14
 
Neste 2018 cúmprense cen anos desde a familia Vidal construíu a primeira casa na localidade que adoptou o seu apelido,  Vilavidal. 
 
Un evento que merece ser conmemorado e con ese motivo, o fin de semana do 30 de novembro, coincidindo con San  Andrés, celebrarase unha gran festa, que a Asociación Cen Anos de  Vilavidal xa está a preparar.
 
Haberá exposicións, con fotografías e documentos da época  e estase traballando na edición dun libro que recolla a historia do pobo.
 
A música correrá a cargo da gran orquestra Panorama, para que veciños e visitantes gocen dunha gran celebración.

Adxudicado o acondicionamento dun novo tramo da estrada entre Vilavidal e Outomuro

Martes, 03 Abril 2018 15:46

As obras de reacondicionamento da estrada OU-0214, que comunica Ramirás con Cartelle, abarcarán un treito duns 200 metros, na  marxe esquerda do Río Arnoia. 

O orzamento de 60.000 €,  incluido dentro do plan provincial da Deputación de Ourense, cubrirá o ensanche da estrada a altura de A Pontenova e a  construción de beirarrúas, a continuación das feitas hai dous anos ás aforas de Vilavidal.

O abastecemento de auga chega a Margarideiros e Partida

Xoves, 22 Marzo 2018 11:56

Finalizadas as obras de abastecemento de auga, aos pobos de Margarideiros e Partida, que ata agora non contaban con este servizo.

As obras, que contaron coa subvención por importe de 45.000 €,  da Deputación de Ourense, permiten, por primeira vez, que a auga da traída chegue ás billas dos veciños destes pobos.

Unha grande satisfacción para o concello participar na implantación de servizos que melloran sustancialmente, a calidade de vida dos veciños. Noraboa a Margarideiros e Partida!

Visita de José Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense

Mércores, 21 Marzo 2018 16:33

O día de onte, recibimos a visita de José Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense, co que percorrimos distintas localidades do noso concello. No encontro, fixemos un repaso aos proxectos que actualmente levamos da man, como a estrada e accesos a Vilavidal.

Ademais, esbozáronse futuros proxectos, como o acordo de equipamento cultural referidos a antiga escola do Picouto, entre outros. 

Convocatoria de selección dun/ha Técnico Educador/a Infantil - Proceso finalizado

Martes, 20 Marzo 2018 00:00
Obxecto da convocatoria. 
Contratación laboral temporal na modalidade contrato de interinidade para substituír traballadora durante a situación de IT, a xornada completa e creación de bolsa de emprego para os anos 2018 e 2019 de Técnico Educador Infantil do Concello de Ramirás. 
 
19.02.2018 Ler bases     19.02.2018 Anexos
 
 
 
 
 
 

Convocadas as probas para a obtención dos certificados CELGA

Martes, 13 Marzo 2018 12:58

Publicada a convocatoria 2018 para a realización das  probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Procedemento ED114A 

Presentación de solicitudes e máis información sobre este procedemento, nesta ligazón.

Convocadas as probas de avaliación e competencias clave

Luns, 26 Febreiro 2018 10:42

Dirixido a todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Prazo de presentación de solicitudes: 27/02/2018 - 23/03/2018

Toda a información e presentación de solicitudes en liña, no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A 

 

Recibimos un tractor para os traballos de roza e desbroce

Martes, 06 Febreiro 2018 08:31

A Concellería de Medio Rural, de mans da Delegada Territorial Marisol Díaz Mouteira, entregou onte ao concello un tractor que axudará a manter limpos de maleza as infraestruturas municipais.

 

 

Subvencións Deputación de Ourense, para clubes deportivos e asociacións culturais sen ánimo de lucro

Mércores, 31 Xaneiro 2018 17:09

No BOP do 30.01.2018 publícanse as bases da convocatoria de Subvencións Deputación de Ourense, para clubes deportivos e asociacións culturais sen ánimo de lucro.

 

Ler BOP 30.01.2018

Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos. (Procedemento BS410A)

Mércores, 31 Xaneiro 2018 16:36
Publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2018.
 
Tipo de axuda e contía.
 
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
 
a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
 
b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
 
c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
 
Prazo de presentación de solicitudes: (01/02/2018 - 21/03/2018)
 

Subvencións a particulares para proxectos de enerxías renovables e biomasa.(IN421I)

Mércores, 31 Xaneiro 2018 16:16

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.

Prazo de presentación de solicitudes: do 21.02.2018 ao 20.03.2018

Máis información

Subvencións para proxectos de investimento en empresas non agrícolas.

Luns, 29 Xaneiro 2018 19:59

Estas axudas consisten en subvencións directas de capital para mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais. Procedemento MR708B, que xestiona a xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Máis información e presentación de solicitudes 

 

Convocadas as probas libres para a obtención dos títulos da ESO e do BACHAREL

Mércores, 24 Xaneiro 2018 21:13

- Procedemento ED540A - Inscrición nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

           Convocatoria de maio:12/03/2018 - 23/03/2018

           Convocatoria de setembro: 2/07/2018  -  09/07/2018

 

 

- Procedemento ED534A - Inscrición na proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Prazo de presentación de solicitudes: 23/02/2018 - 09/03/2018

A delegada territorial e a directora xeral de infancia, da Xunta de Galicia, visitaron a ampliación do Punto de Atención Infantil

Mércores, 24 Xaneiro 2018 20:20

Hoxe, contamos no noso concello coa presenza de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta de Galicia, acompañada de María Amparo González Méndez, directora xeral de familia, infancia e dinamización demográfica.

O obxecto da súa visita foi a supervisión do Punto de Atención Infantil (PAI) do Viso, cuxas instalacións acaban de ser ampliadas e re-acondicionadas para dar maior cobertura e comodidade aos cativos do noso concello. As obras desenvolvidas, contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, que aportou 14.000 euros a tal feito.

Dende o Concello, queremos agradecer ás dúas a súa presenza, así como a agarimosa atención cos nosos pequechos.

   

O presidente do Parlamento de Galicia recibe ao noso alcalde e ao presidente da Asociación Rebulir.

Luns, 22 Xaneiro 2018 20:58

Esta tarde, o noso alcalde, Juan Carlos Rodríguez, xunto co presidente da Asociación Cultural Rebulir, Alexandre Sotelino, foron recibidos polo  presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira,  no seu despacho da Cámara galega , quen coñeceu de primeira man as diferentes iniciativas que están a desenvolver, no Concello de Ramirás, no ámbito da preservación e difusión da cultura galega.

Miguel Ángel Santalices, felicitou a Juan Carlos Rodríguez e Alexandre Sotelino polo recente premio Xabier Prado "Lameiro", outorgado á Asociación Rebulir o pasado venres como recoñecemento ao labor cultural que esta entidade ven desenvolvendo con grande repercusión. 

   

Subvención aluguer social (Plan rehavita).

Xoves, 11 Xaneiro 2018 17:25
Aberto o prazo para presentar as solicitudes para optar ao bono de aluguer social do Plan Rehavíta, da Consellería de da consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia. (Procedemento VI482A)
 
Prazo de presentación , presencial ou en liña, de solicitudes: 11/01/2018 - 20/11/2018.
 

AVISO: Auga apta para o consumo.

Martes, 09 Xaneiro 2018 12:35
 
Segundo nos comunican dende a Xefatura Territorial de Sanidade,  a auga xa é APTA para o consumo, tanto no abastecemento municipal como  o das parroquias de Paizás, Mosteiro, Freás e Vilameá,
 
 
A modo preventivo, continuaranse facendo as medicións puntuais que garantan a calidade e salubridade deste elemento.
 
Rógase difusión deste anuncio.

Subvención da Xunta de Galicia destinada a asociacións veciñais

Venres, 05 Xaneiro 2018 12:17

Procedemento PR487A  -  Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dentro do plan específico extraordinario de investimentos destinado a asociacións veciñais de Galicia de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Prazo de solicitudes: 06.01.2017 a 05.02.2017

Acceder ás bases da convocatoria e solicitudes.

 

Próxima convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias"

Venres, 05 Xaneiro 2018 10:59

Por si resulta do teu interese, anunciámoste que Agader a través do DOG publicará o 29 de xaneiro de 2018 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020.

 
A convocatoria será moi similiar a publicada no ano 2017 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas )
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Obituario: Falece en Venezuela, José Sousa, premio ourensanía 2016

Martes, 02 Xaneiro 2018 10:08

O pasado domingo, na súa casa de Venezuela, faleceu José Sousa, veciño de Ver, en Casardeita de Ramirás.

José Sousa, produtor con case 40 películas asinadas baixo o selo da súa produtura, Xenón Films, recibiu no ano 2016 o Premio Ourensanía, das mans do Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Dende o Concello de Ramirás, queremos mostrar o noso pesar por esta triste noticia e achegar un forte abrazo as súas dúas fillas. 

 

Ximnasia para adultos e maiores - Taichi

Martes, 02 Xaneiro 2018 00:00

 

 

Curso de INICIACIÓN Á FORMACIÓN MÚSICAL

Martes, 02 Xaneiro 2018 00:00

 

Encontro do Consello da Rede de Dinamización Lingüística

Sábado, 30 Decembro 2017 11:24

Onte, en Xinzo de Limia, tivo lugar a sesión ordinaria do Consello da Rede de Normalización Lingüística, na que o noso alcalde, participou nunha ocasión máis.

Programa de Apoio á Natalidade da Xunta de Galicia - TARXETA BENVIDA

Venres, 29 Decembro 2017 15:15

Publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, a convocatoria para a concesión da Tarxeta Benvida, dentro do Programa de Axuda á Natalidade da Xunta de Galicia.

Esta axuda instrumentalízase a través do cartón benvido, cuxo obxectivo é adquirir produtos básicos para a nena ou neno, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, artigos de paseo e de viaxe, produtos de hixiene infantil ou produtos farmacéuticos;  unicamente, poderá ser empregada en farmacias,  parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e  establecimentos de  puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia

Ler Orde da Axuda (DOG 246 do 29 de decembro de 2017)
 

Visita dos Reis Magos

Mércores, 20 Decembro 2017 15:23

Campamento de Nadal para nenos/as de 3 a 12 anos

Mércores, 20 Decembro 2017 15:14

 

Gala central XII Festival Internacional Rebulir

Sábado, 16 Decembro 2017 20:31

Hoxe sábado, 16 de decembro, celebrouse a gala central do XII Festival Internacional Rebulir, no polideportivo de O Picouto en Ramirás.

O evento contou cunha ampla representación de personalidades do mundo da cultura e da política provincial e autonómica.

Nesta gala entregáronse os premios  Rebulir 2017, en distintas categorías a, Xosé Ramón Gayoso, Uxía e Lois Antón. 

Agrupacións de Castela León, Euskadi, Portugal, Ecuador e Ucrania, ademáis de Rebulir de Ramirás, o grupo anfitrión,  espuxeron o su folclore ante o amplo público asistente.

    (Preme na imaxe para acceder á galería)

 

 

 

Oferta de emprego: Dous traballadores/as para peóns de obras públicas e creación de bolsa de traballo

Venres, 15 Decembro 2017 15:12

Oferta de emprego: Dous traballadores/as para peóns de obras públicas e creación de bolsa de traballo, subvencionado polo programa APROL RURAL. Ler Bases de selección.

 

Transporte público baixo demanda

Venres, 15 Decembro 2017 15:01

A partir do 21 de decembro, co inicio das vacacións escolares, máis e novos servizos empezan a funcionar baixo demanda.

Podes reservar a túa praza ata as 20 horas do día laborable anterior. no teléfono 988 68 78 00.

Apertura oficial do XII Festival Internacional Rebulir

Xoves, 14 Decembro 2017 12:07

Esta mañá, no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar a apertura oficial e roda de prensa do XII Festival Internacional Rebulir, coa presenza de Mari Sol Díaz (Delegada Provincial da Xunta de Galicia), Cecilia Vázquez (Directora Xeral de Xuventude), Manuel Doval (Deputado provincial e Tenente Alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar), Alexandre Sotelino (Director da asociación Rebulir), e o noso Alcalde Juan Carlos Rodríguez), entre outras personalidades e asistentes.

O festival contará entre os días 14 e 17 de decembro, cun amplo programa de eventos para todos os públicos,  -obradoiros, degustacións gastronómicas, animación de rúa, actuacións de grupos musicais e folclóricos...-

Agardámoste!!

Ver programa XII Festival Internacional Rebulir - 2017

 

   

   

 

AVISO Corte suministro de luz

Martes, 12 Decembro 2017 17:27

Para a reparación definitiva das avarías producidas polo temporal, nos pobos de Picouto, Paizás, Freás, Corredoira, San Cristovo, Vilariño, Vilagarcía, Fraguas e Vilaboa, mañá mércores, 13 de decembro, haberá un corte no suministro eléctrico a partires das 15:00 hs. e cunha duración aproximada de dúas horas.

 

Ampliación do Punto de Atención á Infancia (PAI)

Martes, 05 Decembro 2017 12:02

Rematadas as obras de ampliación da gardería municipal, ou tamén chamada Punto de Atención á Infancia (PAI).

Os traballos realizados consisten en habilitar unha zona para almacén e peche do alpendre con galerías de aluminio. Estas reformas, permitirán  gozar, tanto o persoal como os pequechos, dunhas instalacións máis amplas e acolledoras.

O orzamento, conta coa cofinanciación dos Fondos Europeos FEDER Galicia 2014-2020.

  

  

      

   

 
 

Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos

Luns, 04 Decembro 2017 12:40
Celebramos  da mellor forma o día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, cun concerto da Banda municipal de Ramirás e posterior xantar.

Comezamos a temporada de vialidad invernal

Sábado, 02 Decembro 2017 21:49

Coa colaboración dos bombeiros da Mancomunicade Terras de Celanova, inícianse os traballos de reparto de fundentes nas estradas municipais que máis o precisan.

Estas accións lévanse a cabo para minimizar os riscos de accidentes de tráfico incrementados polas xeadas en zonas especialmente perigosas.

Aconsellamos moita precaución e atención na condución, nestas datas de baixas temperaturas.

 

 

 
 
 
 
 

Atribución da titularidade dos predios non agrícolas

Mércores, 29 Novembro 2017 12:21

Na mañá de hoxe, tivo lugar nas dependencias de AGADER, o acto de entrega dos títulos de propiedade dos predios catalogados como non agrícolas. 

En representación do concello, o noso Alcalde, Juan Carlos Rodríguez, recibíu, da man da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, os documentos que acreditan á cesión de titularidade destes terreos en favor do Concello de Ramirás.

 

 

 

Ampliación da gardería municipal

Sábado, 25 Novembro 2017 20:13

Comezaron as obras de ampliación da gardería municipal, ou tamén chamada Punto de Atención á Infancia (PAI).

Unha vez rematados os traballos, tanto o persoal como os pequechos, poderán gozar dunhas instalacións máis amplas e acolledoras.

O orzamento, conta cunha subvención, da Consellería de Política Social, que ascende a 14.000 euros.

  

  

 

Obradoiro "Iniciación á confección do traxe tradicional"

Martes, 21 Novembro 2017 12:15

O 25 de novembro, no Centro Cultural de San Andrés (Ramirás), dará comezo o  Obradoiro "Iniciación á confección do traxe tradicional". A súa impartición correrá da man da fiandeira  Rosa María Iglesias. 

Este taller, de carácter gratuíto, está dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos, e contará con 40 prazas.

Para máis información e inscricións contactar co Concello de Ramirás, 988491523  -    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

Organiza: Concello de Ramirás       Patrocina: Deputación de Ourense      Colabora: Rebulir Asociación Cultural e Xuvenil.

Así foi a II Xornada de lance e montaxe de pesca en Ramirás

Sábado, 18 Novembro 2017 21:57

Hoxe sábado, 18 de novembro, tivo lugar en A Pontenova-Ramirás a II Xornada de lance e montaxe.

Unha fantástica oportunidade na que os afeccionados á pesca, chegados de  Castela-León e as catro provincias de  Galicia,  profundaron sobre as  técnicas de pesca fluvial, na bela paraxe de A Pontenova.

Preme na imaxe para acceder ao álbum de como foi o transcurso do día:

Magosto veciñal

Domingo, 12 Novembro 2017 20:35

Un ano máis, celebramos o Magosto cos veciños. A xuntanza realizouse no Centro Social e Xuvenil do Picouto.

Non faltaron as viandas típicas da data, carne, chourizos..., e tampouco faltou  a espirituosa queimada. Todo elo, amenizado pola música tradicional.

Moitas grazas a todos os participantes, veciños, familiares, amigos, e grazas dobres aos organizadores e colaboradores que fixeron un ¡moi bo traballo!

(Preme na imaxe para acceder á galería de fotos)

 

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos