Curso de excarcelación e primeiros auxilios para as brigadas forestais
Durante os días 9 e 10 de abril, impártese, nas instalacións da antiga escola de Freás de Eiras, un curso de excarcelación e primeiros auxilios que ten como destinatarios, as brigadas forestais da Xunta de Galicia.
As xornadas formativas corren a cargo do grupo de bombeiros das Terras de Celanova.
O Concello de Ramirás participa moi activamente nesta e noutras actividades, en colaboración coas institucións e administracións públicas, en materia de prevención e loita contra o lume.