.
Ordenanza Fiscal Reguladora del Impuesto de Vehículos de Tracción Mecánica Luns, 24 Febreiro 2020 CONCELLO DE RAMIRÁS  Exposición pública de la apro...
Nova Sede Electrónica Mércores, 12 Febreiro 2020 Premendo este enlace tense acceso a sede electrónica do Concello de Ramirás...
Nova Sede Electrónica Mércores, 12 Febreiro 2020 Premendo este enlace tense acceso a sede electrónica do Concello de Ramirás...

Loita contra a avespiña do castiñeiro

24 Setembro 2018

A Consellería de Medio Rural está realizando accións de control da praga da avespiña do castiñeiro, mediante loita biolóxica co parasitoide Torymus Sinenses.

No caso do noso concello, fixéronse soltas deste parasitoide, nas seguintes localidades:

- Casardeita 

- Freás de Eiras 

- Mosteiro

- Paizás

- Penosiños

- Rubiás

- Santo André de Penosiós

- Vilameá de Ramirás

 

As medidas que se deben tomar para axudar aos propietarios e produtores de castaña son:

- Non utilizar insecticidas para a erradicación da avespiña do castiñeiro

- Eliminar unicamente as bugallas verdes e só en plantacións novas

- Non eliminar nunca as bugallas secas

- Recoméndase regar durante o verán para prolongar o periodo de crecemento dos gromos novos 

- Durante o inverno, pódese podar, pero non queimar os residuos. Aínda que é máis recomendable a poda na primavera e no verán. 

- Recoméndase abonar para incrementar o vigor das árbores

 

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Loita contra a avespiña do castiñeiro