A RISOTERAPIA é unha técnica psicoterapéutica tendente a producir beneficios mentais e emocionais a través da risa, axudando á eliminación do estrés, tensións e ansiedade.
No Concello de Ramirás, en colaboración coa Deputación de Ourense, impartirase un taller a partir do mes de maio, no Centro Social do Picouto, os mércores, de 16:30 a 18:00 hs., para todos os veciños que desexen participar.