Neste 2018 cúmprense cen anos desde a familia Vidal construíu a primeira casa na localidade que adoptou o seu apelido, Vilavidal.
Un evento que merece ser conmemorado e con ese motivo, o fin de semana do 30 de novembro, coincidindo con San Andrés, celebrarase unha gran festa, que a Asociación Cen Anos de Vilavidal xa está a preparar.
Haberá exposicións, con fotografías e documentos da época e estase traballando na edición dun libro que recolla a historia do pobo.
A música correrá a cargo da gran orquestra Panorama, para que veciños e visitantes gocen dunha gran celebración.