.

Magosto veciñal

12 Novembro 2017

Un ano máis, celebramos o Magosto cos veciños. A xuntanza realizouse no Centro Social e Xuvenil do Picouto.

Non faltaron as viandas típicas da data, carne, chourizos..., e tampouco faltou  a espirituosa queimada. Todo elo, amenizado pola música tradicional.

Moitas grazas a todos os participantes, veciños, familiares, amigos, e grazas dobres aos organizadores e colaboradores que fixeron un ¡moi bo traballo!

(Preme na imaxe para acceder á galería de fotos)

 

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Magosto veciñal