Do 22 de xullo ao 2 de agosto de 2019, en horario de 10:30 a 13:30 hs., teremos o campamento de verán do Concello de Ramirás, que se desenvolverá no local de San Andrés en Vilavidal.
Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, empadroados neste concello.
As inscricións poderán realizarse no teléfono 988 49 15 23 ou nas propias oficinas municipais.