.

Adxudicado o acondicionamento dun novo tramo da estrada entre Vilavidal e Outomuro

03 Abril 2018

As obras de reacondicionamento da estrada OU-0214, que comunica Ramirás con Cartelle, abarcarán un treito duns 200 metros, na  marxe esquerda do Río Arnoia. 

O orzamento de 60.000 €,  incluido dentro do plan provincial da Deputación de Ourense, cubrirá o ensanche da estrada a altura de A Pontenova e a  construción de beirarrúas, a continuación das feitas hai dous anos ás aforas de Vilavidal.

Está aquí: Home Más novedades y eventos Novas Adxudicado o acondicionamento dun novo tramo da estrada entre Vilavidal e Outomuro