.

Próxima convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias"

05 Enero 2018

Por si resulta do teu interese, anunciámoste que Agader a través do DOG publicará o 29 de xaneiro de 2018 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020.

 
A convocatoria será moi similiar a publicada no ano 2017 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas )
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.
 
Beneficiarios:
 
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
3.Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
 
 
Proxectos Subvencionables:
 
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000€. 
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
 
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, serán subvencionables:
 
a) Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
b) Execución de obras e/ou instalacións encamiñadas á mellora ou ampliación de edificacións existentes na empresa  que sexan necesarias para a instalación e funcionamento da maquinaria adquirida.
O importe máximo subvencionable para este concepto non superará o 50% do total dos gastos subvencionables,  ata o límite de 100.000€ 
 
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables, ata un máximo de 200.000€
 
Para calquera dúbida os promotores poden porse  en contacto con AGADER a través do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 – 981542690
Está aquí: Home Más novedades y eventos Novas Próxima convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias"