Martes, 02 Abril 2019 00:00

Premio "Rodolfo Prada" para o Festival Internacional Rebulir (FIR)

Outorgado pola Deputación de Ourense, o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, recompensa as iniciativas baseadas na cultura galega.

Acabamos de coñecer que o  colectivo premiado na edición do certame "Rodolfo Prada"  deste ano, é o Festival Internacional Rebulir (FIR), unha noticia que nos enche de satisfacción.

Dende o Concello de Ramirás, queremos transmitirlle os nosos parabéns á Asociación Rebulir, pola grande labor de dinamización cultural que veñen facendo e pola organización deste recentemente premiado Festival, que xa vai pola súa XIII edición.

O noso agradecemento, aos traballadores do concello, que ano tras ano poñen todo o seu interese no bo desenrolo das actividades.

Moitas grazas aos patrocinadores, voluntarios e en xeral, a todos os colaboradores que dun xeito ou outro participan en que o FIR, sexa un evento de referencia non só en Galicia, senón, en todo o territorio nacional

 

Ler noticia publicada na web da Deputación de Ourense

 

 

 

 

Está aquí: Home